Dieste

Rafael Dieste  é un escritor que pertence á Xeración do 25 (coñecida como a xeración das vangardas). Nas súas obras aparecen características como o realismo máxico. A súa concepción estética da narrativa partía da unidade emotiva baseada na intriga e cun final poderoso. Foi impulsor da modernización do relato.

Presentámosvos aquí unhas imaxes que relacionamos coas súas obras para que vos poidades achegar ao seu contexto.

Este é un monumento de homenaxe no que se visualizan personaxes e motivos dos seus contos de "A fiestra baldeira"

Este é un monumento de homenaxe no que se visualizan personaxes e motivos dos seus contos de “Dos arquivos do trasno”

Dieste aos 16 anos.
Dieste aos 16 anos.

Dieste no centro, no 1920, seis anos antes de publicar a súa obra "Os arquivos do trasno", relato onde está presente os elementos máxicos coa suxestión dunha explicación racional.

Dieste no centro, no 1920, seis anos antes de publicar a súa obra “A fiestra baldeira”, obra teatral renovadora.

Dieste de profesor en México de lingua e literatura castelá, en 1956. En 1990 (posteriormente á súa morte) publica "Encontros e vieiros".

Dieste de profesor en México de lingua e literatura castelá, en 1956. En 1990 (posteriormente á súa morte) publica “Encontros e vieiros”.

Advertisements

Daniel Rodríguez Castelao

Castelao foi un autor polifacético dentro da Xeración Nós, que ademais de literato foi tamén debuxante, pintor, caricaturista, político…  Nas súas obras podemos apreciar que puxo o seu arte sempre ao servizo da sociedade. Foi un autor moi peculiar, xa que creou un xénero, “Cousas”,  e tamén estilizou a narrativa popular.

Deixámosvos aquí unhas imaxes que achegan unha breve información sobre as obras e a vida de Castelao:

Nesta casiña de Rianxo foi onde naceu Castelao o 30 de xaneiro de 1886. Viviu alí ata finais de 1895, cando emigrou coa súa nai a Arxentina para vivir alí co seu pai. En 1934 publícase ''Retrincos'' unha obra autobiográfica na que aparecen estes dous espazos: Rianxo e A Pampa.

Nesta casiña de Rianxo foi onde naceu Castelao o 30 de xaneiro de 1886. Viviu alí ata finais de 1895, cando emigrou coa súa nai a Arxentina para vivir alí co seu pai.
En 1934 publícase ”Retrincos”, unha obra autobiográfica na que aparecen estes dous espazos: Rianxo e A Pampa.

Está imaxe correspóndese coa Asemblea Nazonalista de 1922 en Monforte. Neste ano Castelao publicou "Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete", unha noveliña de temática de ultratumba,sátira anticaciquíl e humor negro.

Está imaxe correspóndese coa Asemblea Nazonalista de 1922 en Monforte. Neste ano Castelao publicou “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”, unha noveliña de temática de ultratumba, sátira anticaciquíl e humor negro.

Nesta imaxe vemos a Castelao facendo as carautas para a súa obra ''Os vellos non deben de namorarse" (1941) que é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, quen logrou plasmar nela un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo.

Nesta imaxe vemos a Castelao facendo as carautas para a súa obra ”Os vellos non deben de namorarse” (1941), que é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao.

Aquí temos unha imaxe de 1949, ano no que a Castelao lle diagnosticaron un cancro de pulmón incurable. Os médicos decidiron olcultar a gravidade da enfermidade tanto a Castelao como a súa muller.

Aquí temos unha imaxe de 1949, ano no que a Castelao lle diagnosticaron un cancro de pulmón incurable. Os médicos decidiron ocultar a gravidade da enfermidade tanto a Castelao como á súa muller. Nesa década publicou “Sempre en Galiza”.

Dieste

Foi un autor da Xeración do 25 (das vangardas). Cos seus contos e pezas teatrais, entre as que destacan “A fiestra valdeira” e “Dos arquivos do Trasno” , intentou modernizar o sistema literario galego distanciándoo do ruralismo. Puxo a narrativa ao día introducindo técnicas pioneiras para iniciar o realismo máxico . Concepción estética do relato: unidade emotiva baseada na intriga e no final poderoso.

A continuación presentamos unha serie de imaxes que reflicten o contexto das súas obras :

Castelao

Foi un autor da xeración Nós polifacético: debuxante, pintor, escritor, político. Puxo a súa arte ao servizo da xente desfavorecida  e, ademais, creou o xénero “cousas”, que se basea na escrita sintética.

A continuación presentamos unha serie de imaxes que presentan o contexto das súas obras:

Ramón Otero Pedrayo

Foi un  narrador da Xeración Nós, cun estilo que se baseaba na novela longa barroca (parágrafos longos, referencias eruditas…), na centralidade da paisaxe e o sentimento de terra e no protagonismo da historia. Tiña unha temática que consistía nunha crítica saudosa da fidalguía decadente e con beleza formal das descricións.

A continuación amósanse unhas imaxes relacionadas con Otero Pedrayo e a súa obra.

En 1928 publica "Os camiños da vida" , unha novela mural sobre a Galicia decimonónica das esenzas e da fidalguía.

En 1928 publica “Os camiños da vida” , unha novela mural sobre a Galicia decimonónica das esencias e da fidalguía.

En 1930 publica "Arredor de si", unha biografía espiritual do grupo e que conquista a identidade galega dun fidalgo que tentou procurala no estranxeiro. Foi editada pola revista Nós baixo a direccion de Anxel Casal

En 1930 publica “Arredor de si“, unha biografía espiritual do grupo e que narra a conquista da identidade galega por parte dun fidalgo que tentou procurala no estranxeiro.

En 1936 publica O mesón dos ermos, unha serie de relatos descritivos da vida rural en Galicia.
En 1936 publica “O mesón dos ermos”, unha serie de relatos descritivos da vida rural en Galicia.

No ano 1960 publica O señorito da Reboraina, unha novela de humor e aventuras que parodia o mundo da fidalguía.

No ano 1960 publica “O señorito da Reboraina”, unha novela de humor e aventuras que parodia o mundo da fidalguía.

Castelao

Autor da xeración Nós que escribiu numerosas obras defendendo o pobo traballador galego. Escribiu en múltiples xéneros, utilizando sempre unha estrutura fragmentaria e unha expresión depurada.

A continuación mostrámoslles unhas imaxes que achegan información sobre a vida e as obras do autor:

Asamblea en Monforte, no 1922, na que se atopan Castelao e os seus compañeiros. Neste ano publica "Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete", unha obra satírica con humor negro.

Asemblea nacionalista en Monforte, no 1922, na que se atopan Castelao e os seus compañeiros. Neste ano publica “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”, unha obra satírica con humor negro.

Esta é unha imaxe de Castelao dos anos 30, época na que escribiu "Retrincos", unha obra autobiográfica e formal.
Esta é unha imaxe de Castelao dos anos 30, época na que escribiu “Retrincos” (1934), unha obra autobiográfica e de gran perfección formal.

Esta fotografïa amosa a Castelao facendo as mascaras para a sua obra "os vellos non deben namorarse"; que trata sobre os condicionamentos sociais dos amores serodios.
Esta fotografía amosa a Castelao facendo as máscaras para a súa obra “Os vellos non deben de namorarse”, que trata sobre os condicionamentos sociais dos amores serodios.

Imaxe que representa unha homenaxe a Castelao polo seu pensamento político, no ano 1932. Anos posteriores publicou a obra "Sempre en Galiza", que trata sobre este tema.

Imaxe que representa unha homenaxe a Castelao polo seu compromiso político, no ano 1932. Anos despois publicaría a obra “Sempre en Galiza”, que recolle o seu pensamento galeguista.

RAFAEL DIESTE

Dieste pertence á xeración do 25 (das vangardas). As súas obras son breves e introduce trazos innovadores como o realismo máxico. Caracterízanse tamén pola intriga e os seus finais poderosos.

Ímosvos amosar as principais obras de Dieste cunhas imaxes que representan a traxectoria da súa vida:

 

Dieste na sua mocidade e etapa de formación, con 16 anos. A esta idade estudaba en Santiago de Compostela.

Dieste na súa mocidade e etapa de formación, con 16 anos. A esta idade estudaba en Santiago de Compostela.

Dieste no centro, no 1920, seis anos antes de publicar a súa obra "Os arquivos do trasno", relato onde está presente os elementos máxicos coa suxestión dunha explicación racional.

Dieste, no centro, no 1920, seis anos antes de publicar a súa obra “Dos arquivos do trasno”, conxunto de relatos nos que están presentes os elementos máxicos coa suxestión dunha explicación racional.

Representación das obras de Dieste no 1933 polas Misións Pedagóxicas. Aqui representouse a súa obra "A fiestra baldeira" (1927), unha comedia que defende a identidade e integridade persoal e colectiva.

Representación de obras de Dieste no 1933 polas Misións Pedagóxicas. A súa obra teatral é “A fiestra baldeira” (1927), unha comedia que defende a identidade e integridade persoal e colectiva fronte o autoodio.

Dieste de profesor en México de lingua e literatura castelá, en 1956. No 1990 (posterior a súa morte) publicouse "Encontros e vieiros", onde se recolle as súas intervencións en conferencia sobre plástica e literatura.

Dieste de profesor en México de lingua e literatura castelá, en 1956. No 1990 (posteriormente á súa morte) publicouse “Encontros e vieiros”, obra que recolle as súas intervencións en conferencias sobre plástica e literatura.